lunes, 24 de febrero de 2025

 


Celia, Antía y Ainhoa dispuestas a
cambiar sus hermosas rosas por entrevistas
"Leolo Comunica": U
nha rosa a cambio dunha entrevista!

Febreiro, é un mes moi festivo: nel coinciden san Valentín, (14 de febreiro), o Día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro), e case a festa do entroido.

Por este motivo, coincidindo co día de san Valentín, (data importante para as persoas namoradas e para aquelas que atesouran unha auténtica e irrompible amizade), o equipo de radio saíu á rúa disposto a alegrar ese día tan sinalado aos transeúntes que tivesen a fortuna de cruzarse no seu camiño. Como? Regalando unha fermosa rosa a todas aquelas persoas que se mostrasen colaboradoras respondendo as súas preguntas. Un trueque xusto!

Agradecemos a AlejandraRosaPatriciaLorena,  ManuMateo,  Patricia e Mercedes a súa alegre colaboración e a súa paciencia. Moitísimas gracias!

Se queres saber o resultado da súa aventura: canto sabe a xente sobre o amor, como celebran o entroido e o ben que coñecen a Rosalía de Castro e a súa obra, só tes que premer na seguinte ligazón.

https://go.ivoox.com/sq/2536512

E, se ao finalizar queres divertirte un rato, proba a averiguar canto sabes ti, a túa familia ou os teus amigos, sobre o tema facéndolles as mesmas preguntas! Deixa que te sorprendan!


sábado, 22 de febrero de 2025

 

A Paz", nas ondas de Leolo Comunica

El equipo de Leolo Comunica  investigando

O 30 de Xaneiro, celébrase o Día Escolar da Paz.

Un día adicado a lembrar ao alumnado o importante e necesario que é velar polo entendemento, o diálogo e a tolerancia para unha existencia en harmonía. Nesta data, nomes como: Malala, Gandhi, Nelson Mandela, Martin Luther King... E todos aqueles que fixeron historia mellorando o mundo e dándonos exemplo, resoan por todos os recunchos. En "Leolo Comunica", quixeron dedicarlle unha breve sesión á Paz e os seus defensores. Aquí, nesta ligazón, poderedes escoitar o resultado:

https://go.ivoox.com/sq/2536165


  Celia, Antía y Ainhoa dispuestas a cambiar sus hermosas rosas por entrevistas " Leolo Comunica ": U nha rosa a cambio dunha entr...